Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Qué teñen que facer os nenos e as nenas?

Os e as nenas teñen que ir a escola camiñando sós ou cos seus amigos ou amigas.

Tamén teñen que aplicar na rúa todo o que aprenden na casa e na escola; sobre o respecto aos demais, o cumprimento das normas e da necesidade de responsabilizarse de si mesmos.

Que beneficios obteñen?

Camiñaren sós á escola contribúe a que os nenos e as nenas poidan ser máis responsábeis do que fan, é dicer, o seu proceso de madurez e autonomía.

Asemade, camiñar é unha práctica saudábel que mellora a condición física e loita contra a obesidade e o sedentarismo.

Ao iren camiñando, teñen a oportunidade de se relacionar cos demáis e facer novas amizades.

Os nosos nenos e nenas, como nós, teñen dereito a recuperar a rúa para o xogo e o traballo.

Co camiño escolar obteñen unha ferramenta potentísima para adquisición de novos coñecementos.