Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Que ten que facer o persoal docente?

É outra das patas básicas sobre as que se asenta este proxecto

A Escola implícase na formación ambiental e no contexto urbano, creando sinerxias coa cidade (zócalo urbano comercial, veciñas e veciños, corpos de seguridade pública, etc)

O Camiño Escolar é unha ferramenta práctica para apoiar a Educación en Valores relacionados coa Seguridade Viaria e o Medio Ambiente.

Que beneficios obtén o profesorado?

Co Camiño Escolar, o profesorado conta cunha importante ferramenta educactiva que pode utilizar prácticamente en calquera área do currículo.

Por outra parte, expremer a fondo as posibilidades deste proxecto permitelle contar cun alumnado máis autónomo e responsábel, co que iso implica de mellora da práctica formativa.