Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Qué e o camiño escolar

O Camiño Escolar é un proxecto de educación viaria integral que ten un eixo condutor: os nenos e as nenas de educación primaria acoden á escola camiñando sen compaña de adultos.

O Camiño Escolar é un proxecto integral porque para o seu funcionamento cómpre a implicación de moitos setores sociais (nenos e nenas, profesorado, pais e nais, asociacións de veciños, comerciantes, servizos municipais, voluntariado, etc) e porque permite convertermos a cidade nunha extraordinaria ferramenta educativa para a transmisión de conceptos e valores (cumprimento das normas, respecto polo medio, atención aos demais, autoresponsabilidade, mellora da condición física...)

En definitiva, o Camiño Escolar é un proxecto para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas e construirmos unha cidade máis solidaria, cohesionada e participativa.