Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Por onde se vai a escola?

É no seo de cada familia onde cada neno e cada nena ten que aprender o camiño á escola e á casa.

De todos xeitos, o Concello de Pontevedra está a organizar un sistema para axudarlles a cruzar a rúa nos pontos que se indica neste mapa. Os pontos bermellos indican os cruces nos que se sitúan as persoas colaboradoras do Camiño Escolar.

Cada pai ou nai deberán indicarlle aos nenos cal é o lugar máis indicado para cruzar unha calzada, no que hai alguén cun chaleque verde que parará os coches para que crucen tranquilos.