Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - Grazas por participar!

O Concello, e en especial a Concellería de Proteción Cidadá e a Policía Local de Pontevedra queren dar as grazas a todas e todos por implicarse nesta iniciativa do Camiño Escolar.

Ás persoas encargadas de bares, tendas, comercios, etc, por estar aí coa súa porta aberta para nenas e nenos

Ao persoal docente, por demostrar a súa vocación de servizo e o compromiso cunha educación responsábel

Ás nais e pais por apoiar esta iniciativa pioneira e querer o mellor para os seus fillos e fillas

Ás persoas de apoio, polo seu tempo e dedicación

Aos diferentes Corpos de Seguridade pola súa receptividade e colaboración

Ao persoal do Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, por nos axudar a configurar este servizo de calidade

A todo o persoal técnico e colaboradores que participan neste proxecto

A todas as persoas que loitan e traballan por conseguir un mundo mellor