Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Camiño escolar - e se teñen algún problema os nenos e nenas?

O Concello puxo en marcha un sistema para axudarlles nos cruces dalgunhas rúas e así evitar problemas.

Ademáis, falamos cos encargados dos locais comerciais e hosteleiros, para que axudasen en caso de problemas, de tal xeito que o neno ou nena pode entrar nos locais que teñan na porta este distintivo, para recibir a axuda que precisen.

Nos locais teñen estes folletos que recollen o que teñen que facer (básicamente chamar ao colexio ou á Policía Local)

Que fai o persoal de apoio?

Axudan aos nenos e ás nenas nos cruces facendo que estean atentos aos semáforos e aos vehículos.

Indican aos condutores e condutoras a necesidade de extremar o coidado pola presenza de nenos e nenas sós na rúa.

Presta un servizo útil á comunidade.

Están en contacto cos pequenos e poden transmitirlles a súa experiencia.

CamiƱo escolar