Seguenos en facebook
Seguenos en twitter

Accesibilidade universal

En 1999 comezaron a elimínarse barreiras nos espazos públicos exteriores en vías municipais, cun coste global cifrado en 26,1 millóns de euros. Nalgúns casos con peonalizacións; noutros con plataformas únicas ou creando itinerarios peonís. Tamén hai programas específicos de eliminación de barreiras, con texturas de pavimento distintas, e accións de calmado de tráfico, redefinindo o rol do automóbil na cidade. Tamén se actúa en edificios públicos, en transportes (con servizo de taxi accesíbel) e en espazos privados de nova apertura.

A reforma integral do espazo público da cidade foi medrando coma unha mancha de aceite. Un proceso de renovación de todas as infraestructuras que está a permitir contar con rúas accesibles para todos e todas.

Un acto de xustiza

O proceso de adaptación ás necesidades da poboación foi un acto de xustiza. Para logralo, o goberno municipal estableceu como prioridade convertir Pontevedra nun espazo accesibel. Eso traduciuse en cuantiosos orzamentos destinados a este fin, que conseguiron mudar a imaxe de Pontevedra. Hoxe é un proceso aberto que continúa camiño de conseguir a accesibilidade total.

Capacitación técnica

Enxeñeiros, arquitectos, xuristas, especialistas en seguridade cidadá e outros técnicos ao servizo da administración local adaptaron o seu traballo ao servizo desta disciplina, potenciando sobre todo a relación coas persoas afectadas e cultivando o coidado dos pequenos detalles. As obras complétase coa mellora do alumado público, o deseño do mobiliario, a economía de obstáculos, racionalización de sinais, etc.

Participación Pública

Entidades sociais como a Fundación ONCE ou a Confederación Galega de Minusválidos son determinantes aliadas no proceso de reforma, impulsando e cooperando de maneira intensa con todo o proceso, no que tamén colaboran outras entidades específicas como asociacións de discapacitados físicos, paralíticos cerebrais, síndrome de Down ou alzheimer.

Un esforzo inacabado

A renovación é incesante, nunca remata. Os novos obxectivos, unha vez conseguida a accesibilidade universal do espazo urbano e os edificios públicos, consisten en potenciar a accesibilidade dos espazos privados de uso público e xeneralizar a adaptación dos espazos públicos en toda a zona rural.

Non só obras públicas

Tamén está en marcha a construcción de vivendas especialmente concebidas para persoas con dificultades de mobilidade, convenios con entidades sociais para promover o emprego entre as persoas discapacitadas, espazos para a atención a colectivos específicos, trabállase na eliminación de barreiras á comunicación verbal, en campañas de sensibilización e outras iniciativas a prol da igualdade.

Un esforzo recoñecido

As boas prácticas en accesibilidade de Pontevedra fóron recoñecidas en constantes felicitacións, participacións en congresos e xornadas especializadas. premio "Cidade de Pedra" pola relación da reforma urbana, a accesibilidade e o deseño en granito, e o Parlamento Galego celebrou aquí os 25 anos baixo o lema "Accesible, habitable, participativa. A cidade imaxinada". En 2007 concédeselle o premio Cermi do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade á mellor acción autonómica ou local.