Sala de Prensa

O Concello e a Comunidade de Montes de Santa María de Xeve colaboran para pór en marcha a área recreativa de Lobada e Fens

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Xeve, Juan José González Crespo asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre o Concelo e a comunidade para o desenvolvemento do equipamento recreativo e de lecer no monte Lobada e Fens. Neste acto tamén estivo presente o concelleiro Raimundo González, delegado da área rural do Concello. O convenio recolle que a Comunidade de Montes de Santa María de Xeve ten como obxectivo a boa xestión e a conservación dos recursos naturais, económicos e sociais que constitúe o monte veciñal para o colectivo veciñal. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra ten entre as súas competencias a prevención de lumes a nivel local e ven realizando unha campaña de promoción da prevención contra incendios a través do Plan Monte Vivo, así como actividades de prevención social dos lumes a través da posta en valor dos recursos ambientais. O Concello e a Comunidade de Montes veñen colaborando en accións e actividades para a restauración e mellora do monte veciñal de Santa María de Xeve a través do programa de axudas do Monte Vivo do Concello de Pontevedra. Ademais, a Comunidade de Montes promove o proxecto de equipamento recreativo e de lecer no Monte Lobada e Fens que consiste en:1. Creación dun Parque Fluvial na parcela do Río Lobada na que se poidan desenvolver actividades deportivas e de lecer ao tempo que se goza do medio ambiente natural nun entorno rural.2. Trasladar a área recreativa de Gatomorto dende a súa localización actual, ata a proximidade do novo campo de fútbol parroquial onde terá un uso moito maior.3. Aumentar a estima da poboación local sobre o patrimonio natural e cultural existente na parroquia de Santa María de Xeve.4. Acadar unha maior atracción turística que poida potenciar o valor da zona, facendo da satisfacción das visitas un reclamo para outras novas, o que facilitará a captación de novos proxectos dinamizadores da economía social.A través deste convenio, séntanse as bases da futura colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Santa María de Xeve para ao desenvolvemento deste equipamento, que solicitou unha axuda por parte de Agader ao abeiro da orde de proxectos dinamizadores do medio rural.O Concello de Pontevedra estudiará a colaboración económica coa Comunidade de Montes de Santa María de Xeve na creación da Área de Lecer de Río Lobada de Santa María de Xeve sempre e cando así se aprobe na comisión parroquial. Tamén colaborará na difusión e organización das actividades de dinamización, así como na promoción turística do entorno rural de Santa María de Xeve.

Outras novas :

07-10-2011 - O Concello e a Comunidade de Montes de Santa María de Xeve colaboran para pór en marcha a área recreativa de Lobada e Fens

27-09-2010 - Varios centos de pontevedreses descubren o novo parque forestal de Pontillón

23-09-2010 - O alcalde visita o parque do Pontillón antes da súa inauguración prevista para este domingo

14-06-2010 - Os comuneiros do municipio debatiron sobre o futuro do monte nas primeiras Xornadas de montes veciñais de Pontevedra

10-06-2010 - A Pontevedra dun millón de árbores

04-06-2010 - O alcalde visita o Parque Forestal de Pontillón que ultima a Concellaría de Montes

01-04-2010 - Rematada a plantación de máis de 1.200 exemplares de gran porte no novo parque forestal de Pontillón

21-12-2009 - Mais de 40 alumnos do IES Valle Inclán plantan árbores no monte de Santa María de Xeve

07-09-2009 - Naturgalia executará o proxecto do parque forestal de Pontillón por 477.000 euros

21-06-2009 - O Teleclube de Xeve será centro operativo das brigadas antiincendios durante o verán

18-05-2009 - Sae a contratación a creación do parque forestal de Pontillón

13-03-2009 - Arredor de 100 alumnos do Valle-Inclán participan no Plan Monte Vivo plantando distintas especies en Xeve

28-02-2009 - O Plan Monte Vivo rematará o ano coa prantación de 450.000 novos árbores no municipio

17-02-2009 - Vázquez Plaza supervisa en Verducido, Xeve e Lérez a prantación de 254.000 árbores do proxecto Monte Vivo

23-01-2009 - O parque forestal de Pontillón permitirá recuperar para o lecer 10 hectáreas de monte

24-11-2008 - Os comuneiros de Verducido xa coñecen o proxecto do parque forestal de Pontillón

31-10-2008 - Unha batimetría determinará si o parque forestal de Verducido pode incluir unha praia fluvial

16-10-2008 - Tomeza quere o seu "Monte Vivo"

23-07-2008 - Vázquez Plaza estuda cos comuneiros de Verducido o futuro Parque Forestal

18-07-2008 - Monte Vivo chega aos matos privados

13-06-2008 - O alcalde insta aos propietarios privados a agruparse para optar a Monte Vivo

27-05-2008 - Monte Vivo colabora coa Mancomunidade de Pontevedra para sacar un concurso público de 800.000 euros para repoboar seis parroquias