Qué é Monte Vivo

Durante a primeria fase, o Plan Monte Vivo foi quen de plantar máis de 450.000 novas árbores tradicionais nos montes de Pontevedra. Quedan por diante novas etapas nas que debemos chegar ao millón de novos seres vivos, doce novas árbores por cada habitante de Pontevedra, ademáis de novos Parques Forestais e outras accións para a prevención dos incendios.

En 2007, o Concello de Pontevedra deseñou un programa para a restauración das zonas queimadas que se denominou MONTE VIVO. É un Plan municipal para a prevención de incendios, no que se definen as zonas prioritarias de actuación para a prevención e defensa contra incendios forestais. Dos valores ecolóxicos e culturais do monte beneficiámonos todos e todas. Por iso, o Concello dispuxo unha liña de subvencións para propietarios forestais coa finalidade de previr os incendios e protexer mellor o noso medio natural.

A qué se dedica o esforzo?

  • · A prácticas de silvicultura preventiva, para manter limpos os montes
  • · A obras forestais que valorizan o monte con novas plantacións que o diversifiquen, compensen o actual monocultivo do eucalipto e contribúan a restaurar o bosque autóctono.
  • · A crear devasas, franxas de defensa contra incendios e rareos de masas arboradas.
  • · A recuperar, mellorar e mantemer camiños forestais e puntos de abastecemento de auga.
  • · A conservar e mellorar canles fluviais, recuperar bosque de ribeira e limpar regatos e ríos.
  • · Reforestar zonas queimadas, con especies frondosas caducifolias, que incrementen a biodiversidade e actúen como devasas naturais.
  • · A valorizar os produtos e servizos económicos de natureza sustentábel derivados do monte.