Parques Forestais

Os montes teñen moito que darnos a todas e todos. Ademáis de contribuir á boa calidade do clima e a diversidade dos millóns de seres vivos que habitan o planeta, podémolos usar tamén para o noso ocio, con respecto e harmonía.

Os parques forestais do Plan Monte Vivo nacen con ese obxectivo: o uso do monte para o lecer e o benestar da cidadanía, completando esa rede de sendas e rotas que aproveitando ríos e camiños nos permiten pequenas incursións na natureza.

No Pontillón do Castro, en Verducido, nace o primeiro parque forestal de Monte Vivo, que pretende ser un exemplo para outras zonas con importantes valores naturais.

Aprovéitase o embalse, o centro deportivo de piraguismo e a área existente no Mato do Outeiro, co seu imponente monumento aos canteiros, para desenvolver unha obra que nos permite contar con todos estes valores:

  • Un paseo perimetral darredor de todo o embalse
  • Unha praia fluvial mesmo diante da pista de piragüismo
  • Un área de esparcemento para xantares campestres
  • Un rocódromo e outras instalacións deportivas
  • Un área de servizos
  • A restauración de varias sendas preexistentes
  • Replantación de toda a área con especies nobres