Os proxectos

Monte Vivo chegará a prantar un millón de árbores en Pontevedra.

Na primeira fase do Plan, lévanse prantadas 319.520 frondosas caducifolias e 149.788 piñeiros, a maioría delas substituíndo ás zonas eucaliptadas. En total 468.788 novas árbores.

Prantación de frondosas caducifolias en antigos eucaliptais 302,3 Ha

Tratamentos silvícolas sobre masas mixtas 137,6 Ha

Tratamentos silvícolas sobre coníferas 86,6 Ha

Prantación de coníferas (piñeiros, abetos, etc) 86,1 Ha

Roza do mato preexistente 36,4 Ha

Tratamentos silvícolas sobre frondosas 14,2 Ha

Outras accións 10 Ha

Entre os proxectos de Monte Vivo tamén se dedicaron 3,18 Ha á construción de Cortalumes, e se construiron 2,5 km de pistas forestais

Os proxectos concretos por localización xeográfica son os seguintes:

Santa María de Xeve

97.669 frondosas caducifolias e 68.305 piñeiros
Carballos, cerdeiras, bidueiros, pradairos, capudres, érbedos e abelaneiras. Destacan os freixos cos que se recuperou o Rego de Seoane.

Lérez

14.586 frondosas caducifolias
Freixos, pradairos e cerdeiras no Monte das Pías. Bidueiros e freixos nas Aceñas, zona de protección do río Lérez

Marcón

54.930 frondosas caducifolias e 3.789 piñeiros
Cerdeiras e carballos americanos. En zonas de valgadas: freixos, bidueiros e abelaneiras. En zonas de protección de pistas: cerdeiras, carballos e carballos americanos.

Mourente

6.522 frondosas caducifolias
Castiñeiros no Monte de Castro Xenín. Especies típicas de ribeira (freixo, pradairo, amieiro e bidueiro) na zona de protección do río Lérez. Carballos noutras zonas.

Tomeza

25.582 frondosas caducifolias e 11.965 piñeiros
Freixo, Carballo, pradairo, cerdeira e preto das casas: érbedo e capudre.

Castro Lampán

4.800 frondosas caducifolias
Castiñeiros, carballos, pradairos, bidueiros, freixos e cerdeiras

O Salgueiral

25.482 frondosas caducifolias e 17.932 piñeiros
Freixos, carballos, bidueiros e cerdeiras na banda do río. Noutras zonas plantáronse carballos, cerdeiras, freixos e preto das casas:, érbedo e caprude.

Ponte Sampaio

16.400 frondosas caducifolias
Castiñeiros, carballos, carballos americano se amieiros

Cerponzóns

15.913 frondosas caducifolias e 10.832 piñeiros
(Piñeiro e abeto de Douglas). Carballos americanos e cerdeiras

Verducido

19.994 frondosas caducifolias e 19.654 piñeiros
Castiñeiros, carballos americanos, cerdeiras, pradairos e bidueiros

Sto. André de Xeve

31.717 frondosas caducifolias e 14.791 piñeiros
Castiñeiros, carballos, carballos americanos e freixos

Lourizán

5.925 frondosas caducifolias
Castiñeiros, carballos, carballos americanos, amieiros e bidueiros.