Os Incendios de 2006

Aquel ano ardera o 40% da superficie total do Concello, o 70% da superficie forestal municipal, en total, 4.656 Ha. Houbo máis de 500 vivendas ameazadas

As condicións do monte en 2006, propicias para os incendios

  • Pendentes elevadas, orientadas á solaina, con solos delgados e porosos
  • Crecemento rápido da vexetación na primavera
  • Fortísima antropización, con mistura de monte, terras abandonadas, infraestruturas e edificios
  • Fóra un verán seco e caluroso
  • Dominio absoluto do eucalipto, só ou misturado con piñeiro
  • Grandes continuos de masas arboradas, uniformes e desordenadas

Combustible, aire -vento especialmente- e calor son os tres ingredientes básicos para que se produza un lume forestal e teña continuidade.

No verán as temperaturas poden sobrepasar os 35ºC á sombra polo que, en ladeiras expostas ao sur, coa vexetación dominante de eucaliptos e en días de vento, o risco de lume é máis que unha ameaza real.

Ninguén coñece con seguridade os motivos dos lumes de aquel ano, máis o máis frecuente é que respondan a estes motivos:

  • Intencionalidade, por múltiples causas, a meirande parte delas moi difíciles de precisar: cambios do uso do monte, os conflitos sociais e litixios entre veciños, neglixencias en queimas agrícolas e para pasto, fumadores, fogatas...
  • Accidentes por fallos ou deficiencias do servizos de conducción de enerxía eléctrica, circulación ferroviaria, accidentes de coches, foguetes,...

En moita menor medida se atribúen os lumes a causas naturais coma o raio.

Á vista das causas dos lumes, a lexislación actual en materia de prevención de incendios limita as actividades que se poden realizar no monte nos días de máximo perigo en función da climatoloxía adversa: fortes ventos e calor, chegándose a prohibir a circulación de vehículos e persoas polo monte agás os seus propietarios ou xestores.