 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Medio Ambiente Natural
Preguntas frecuentes relacionadas coa área de Medio Natural
|
|
|
|
Que fago se un veciño ten o terreo lindante cheo de maleza? Presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello, solicitando a inspección, aportando todolos datos que teña do veciño, para facilitar a súa localización.
Como podo saber a calidade da auga de Pontevedra? Na empresa concesionaria do auga. Aquagest, rúa Jofre de Tenorio,4. Tlf.- 986863335
Onde se atopa a Asociación de recollida e adopción de cans? A Asociación “Os Palleiros” atópase en Campañó, na saída do Polígono empresarial do Vao. Telf.- 626519310.
Que obrigas teño que ter co meu can? 1. O microchip e obligatorio para todolos animais de compañía na Comunidade Autónoma 2. Desparasitación polo menos unha vez ao ano 3. Cartilla sanitaria obligatoria 4. Levalo pola correa 5. Recoller os excrementos 6. Seguro obligatorio para animais potencialmente perigosos.
Onde atopo a normativa de animais? Lei 1/93 de 13/04/1993 (pubricada o 22/04/1993) de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pode baixala da páxina web da Xunta de Galiza, www.xunta.es
Que fago se atopo un animal morto na rúa? Debe porse en contacto co servizo de limpeza. Tlf.- 986 850 225
Que fago se atopo un animal ferido na rúa? Debe porse en contacto co servizo de Medio Ambiente do Concello. Tlf.- 986 804 300, ext. 4800
Onde atopo información da Xunqueira do Alba? No Servizo de Medio Ambiente Natural. Praza de España s/n. Tlf.- 986 804 300, ext.- 4262
|
|
|
Hoxe é 04.09.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.07.2010 polo Concello de Pontevedra. |
|
|