 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Asuntos xerais
Que é o Rexistro Municipal de Asociacións?
|
|
|
|
Que é o Rexistro Municipal de Asociacións?
Ten por obxecto permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello, coñecer os seus fins, a súa representatividade e peso específico, para os efectos de posibilitar o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade, e igualdade.
A inscripción no Rexistro Municipal de Asociacions e unha obriga para as entidades sociais que desexen acceder ás axudas institucionais.
A atención ao público realízase na Secretaría Xeral Municipal (Tlf. 986 804 334) que ten o seguinte horario:
De 8:30 a 13:30 de luns a venres. Agás o periodo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, que é de 9:00 a 13:00 horas.
|
|
|
Hoxe é 13.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|