Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade

Transporte público


 
Máis de 20 liñas de carácter comarcal conflúen na capital, que debido á dimensión da área urbana non dispón de transporte urbano colectivo exclusivo. As diferentes liñas reservadas para o transporte colectivo dispoñen de 41 paradas nas distintas rúas da cidade.

A liña máis utilizada é a que comunica o centro da cidade coa Urbanización de Monte Porreiro (7.000 habitantes). A empresa que explota esta liña ten ao servizo do usuario un sistema de bonificacións, a Tarxeta Monedeiro. Máis información en www.grupoasrias.com

Na actualidade, a cidade agarda que a Xunta de Galiza (Consellería de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Transportes) concrete o Plan de Transporte Metropolitano entre a cidade de Pontevedra e o seu contorno próximo, grazas ao que se incrementarán as frecuenzas, se permitirán os intercambios entre autobuses distintos co mesmo billete, se reducirán os prezos e se incrementará a información ao usuario.

Teléfonos básicos para o transporte público
Estación de Autobuses 986 852 408
Estación de Ferrocarril 986 851 313
Información Renfe 902 240 202
Aeroporto de Peinador 986 268 200
Aeroporto de Labacolla 981 547 500
Aeroporto de Alvedro 981 187 315






Hoxe é 20.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 29.05.2008 polo Concello de Pontevedra.