Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > c> Goberno Municipal

Competencias das Áreas e Delegacións de Goberno


 
1) ÁREA DE URBANISMO (XESTIÓN URBANÍSTICA)
E VIVENDA:
Dona María Teresa Casal García, que comprende o seguinte
ámbito funcional:
a) Planeamento urbanístico de desenvolvemento.
b) Modificacións do planeamento.
c) Xestión urbanística.
d) Licenzas urbanísticas, de obras e actividades.
e) Patrimonio Histórico.
f) Coordinación e supervisión dos servizos de medio ambiente
natural e de vías e obras no rural.
g) Obras no centro histórico.
h) Vivenda, que inclúe o ARI de Estribela, o Convenio coa
Consellería de Vivenda sobre Monteporreiro e o soterramento
da liña de alta tensión neste barrio.

2) ÁREA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO
E NOVO PLAN XERAL:
D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, que comprende o seguinte
ámbito funcional:
a) Infraestruturas
b) Ordenación do territorio.
c) Novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
d) Estacionamentos.
e) Proxectos de urbanización e reurbanización (reforma
urbana).
f) A coordinación e supervisión do servizo de protección
cidadá, xuventude e normalización lingu?ística e servizos
territorializados.

3) ÁREA DE TURISMO E EDUCACIÓN:
D. Julio Castela Martínez, que comprende o seguinte ámbito
funcional:
a) Promoción e fomento do turismo.
b) Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.
c) Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo en coordinación
co organismo autónomo.
d) Educación non universitaria, que inclúe o mantemento
e conservación dos centros públicos de titularidade do
Concello.

4) ÁREA DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL
E DEPORTES:
Dona María dos Anxos Riveiro Portela, que comprende o
seguinte ámbito funcional:
a) Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas
e festas.
b) Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas
por outras administracións ou entidades.
c) Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade
física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
d) A presidencia do organismo autónomo do Instituto Municipal
Deportes.
e) Fomento do consumo saudable.
f) Coordinación e supervisión do servizo de cultura e universidade

5) ÁREA DE RÉXIME INTERIOR,
PERSOAL E ACTIVIDADE ECONÓMICA:
D. José Antonio García Lores, que comprende o seguinte
ámbito funcional:
a) Organización funcional da administración municipal,
incluída a xestión do Padrón municipal de habitantes.
b) Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores
das condicións de traballo e melloras sociais.
c) Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e
deberes do persoal ó servizo do concello.
d) Decisións, propostas e trámites en materia de persoal
que sexan competencia da Alcaldía.
e) Incentivación das actividades empresariais.
f) Comercio.
g) Industria.
h) A de inscrición e modificación no rexistro municipal de
animais potencialmente perigosos.

6) AREA DE MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE:
D. Xosé Luis Bará Torres, que comprende o seguinte ámbito
funcional:
a) Impulso e seguimento das obras urbanas.
b) Mobilidade, que inclúe os transportes públicos e autotaxis.
c) Accesibilidade no medio urbano.
d) Sociedade do coñecemento.

7) ÁREA DE BENESTAR SOCIAL E PATRIMONIO:
Dona Margarita Castejón García, que comprende o seguinte
ámbito funcional, nos termos dispostos no apartado
decimo noveno deste decreto.
a) Servizos Sociais.
b) Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención
e inserción.
c) Política de igualdade.
d) Patrimonio municipal.
e) Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos
ao patrimonio municipal.

8) ÁREA DE MEDIO AMBIENTE URBANO E FACENDA:
D. Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte
ámbito funcional:
a) Orzamentos e gasto público.
b) Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarias
e non tributarias( incluído as aprobacións de padróns
municipais de impostos, taxas e prezos públicos).
c) Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a
outro órgano de goberno por disposición legal.
d) Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
e) Ordenación de pagos.
f) Sostenemento dos espazos públicos urbanos.
g) Parques, xardíns e praias.
h) Servizos municipais urbanos, incluíndo, a mellora e
mantemento do alumeado público municipal, vías públicas
municipais e demais bens municipais, excepto os
que se atribúen a outro órgano con competencia funcional
na materia.


DELEGACIÓNS ESPECIAIS:

A) SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE NATURAL,
FEIRAS E MERCADOS:
Dona Celia Alonso Caramés, baixo a coordinación do concelleira
responsable de urbanismo, sendo o seu ámbito funcional
o seguinte:
a) Xestión dos espazos naturais: xunqueiras, ríos e ría.
b) Salubridade pública, campañas sanitarias, control das
condicións sanitarias dos establecementos públicos e
venda ambulante.
c) Policía sobre a tenencia de animais potencialmente perigosos
e demais animais en xeral e as cuestións relativas
a canceira municipal, que inclúe recollida de animais
abandonados e mortos.
d) Policía en materia de vertedoiros.
e) Xestión e supervisión do ciclo da auga.
f) Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais
e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.
g) Xestión do matadoiro municipal.


B) SERVIZO DE VIAS E OBRAS NO RURAL:
D. José Manuel Valcarcel Riveiro, baixo a coordinación da
concelleira responsable de urbanismo, sendo o seu ámbito
funcional o seguinte:
a) Rede de sumidoiros no rural.
b) Suministros de auga no rural.
c) Iluminación pública no rural.
d) Vías públicas no rural.

C) SERVIZO DE CULTURA E UNIVERSIDADE:
Dona María Dolores Dopico Aneiros, baixo a coordinación
da concelleira responsable de dinamización sociocultural e
deportes, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
a) Universidade
b) Cultura.
c) Intervencións culturais.

D) SERVIZOS TERRITORIALIZADOS:
D. Miguel Anxo Vázquez Plaza, baixo baixo a coordinación
do concelleiro responsable da área de Ordenación do Territorio
e novo Plan Xeral que comprende o seguinte ámbito
funcional:
a) Medidas de Prevención de incendios forestais.
b) Cemiterios.
c) Xestión territorializada en barrios e parroquias de deportes,
cultura, festas, parques e sostemento de espazos
públicos.

E) SERVIZO DE PROTECCIÓN CIDADÁ,
XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
D. Demetrio Gómez Xunqueira, baixo a coordinación do
concelleiro responsable da área de Ordenación do Territorio e
novo Plan Xeral que comprende o seguinte ámbito funcional:
a) Coordinación e dirección directa da policía local.
b) Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción
de incendios.
c) Coordinación e supervisión do servizo de protección
civil.
d) Coordinación do plan de emerxencia municipal.
e) Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes,
veladores, casetas, etc.).
f) Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e
reposición da legalidade urbanística.
g) Ordenes de execución, declaracións de estado de ruína
e ocupación de vías públicas.
h) A dirección e coordinación por infraccións ás normas
urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá,
ordenanzas, bandos e similares que son competencia de
Alcaldía.
i) A dirección e coordinación en materia de tráfico, previa
tramitación do procedemento regulamentario.
j) Normalización lingu?ística.
k) Xuventude.






Hoxe é 01.08.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.09.2009 polo Concello de Pontevedra.