 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade
Ponte en Bici
|
|
|
|
Trátase dun plan definido para promover entre a cidadanía o hábito de utilizar a bicicleta como medio de transporte particular e público. O proxecto consta de varias accións que se van poñendo en práctica paulatinamente.
Ampliar a cultura da bici resulta doado nunha cidade como Pontevedra, onde boa parte do espazo peonil resulta apto para este medio de locomoción e o tráfico está calmado na maioría das rúas.
A ampliación dos espazos destinados ás bicis resulta unha necesidade sobre todo nos contornos litorais e as conexións do centro da cidade co Campus Universitario, xa que son vías nas que non resulta compatíbel a convivencia entre os tráficos de automóbiles a motor coa bici.
Conforme se vaian realizando obras de transformación da franxa litoral (Ponte das Correntes, Corbaceiras, etc.) poderán ir habilitándose espazos reservados.
Mentres, é preciso incrementar o labor informativo cara aos conductores de vehículos a motor, a sinalización vertical e as chamadas á precaución cos ciclistas en todas as vías públicas do Concello.
En liñas xerais, Ponte en Bici consta das seguintes iniciativas:
- Aparcadoiros para bicis
- Sistema de bicis de aluguer
- Campaña informativa sobre o uso da bici en espazos peonís
- Campaña informativa sobre a bici dirixida a conductores
- Estudo da ampliación de carrís bici
|
|
|
Hoxe é 10.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.01.2009 polo Concello de Pontevedra. |
|
|