Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade

Os aparcadoiros públicos


 
A cidade dispón de dous amplos aparcamentos gratuítos a menos de 10 minutos da Peregrina, ademáis dunhas 3.500 prazas de aparcamento de pago. Estas son as súas ubicacións:

Aparcadoiro gratuíto do Recinto Feiral. Entrada por Enxeñeiro Rafael Areses (Alexandre Bóveda, Ponte dos Tirantes). Unhas 700 prazas. A 5 minutos do Centro Histórico, próximo ao Recinto Feiral, Pazo de Congresos, Auditorio, Zona Escolar da Xunqueira, Campus Universitario, Mercado, Illa de Esculturas, Pabillón Municipal de Deportes e Estadio de Pasarón.

Outras zonas de aparcamento gratuíto: Parcela do antigo Mercado Provisorio (entrada por Rúa Xoan Manuel Pintos, entre as pontes de Santiago e O Burgo) e antigo peirao das Corbaceiras (av. do Uruguai)

Aparcadoiro Alameda. Entradas por Av. Raiña Victoria e Praza de España. 366 prazas. Próximo a: Concello, Deputación, Delegación de Educación, Instituto Valle Inclán, Subdelegación do Goberno, Ambulatorio Virxe Peregrina, Facultade de Belas Artes, Centro Histórico, Teatro Principal.

Aparcadoiro Central. Entradas por Av. Raiña Victoria, González Besada e Gagos de Mendoza. 415 prazas. Próximo a Audiencia Provincial, Centro Cultural Caixanova, Café Moderno Fundación Caixa Galicia, Centro Deportivo Municipal de Campolongo, Praza de Galiza, Correos, Cámara de Comercio.

Aparcadoiro Zona Monumental. Entrada por Avda. de Bos Aires. 220 prazas. Próximo a Ponte do Burgo, Mercado Municipal, Museo de Pontevedra, Centro Histórico, Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Parador Casa do Barón.

Aparcadoiro Barcelos. Entradas por Praza de Barcelos, desde Benito Corbal e Padre Feijóo. 585 prazas. Próximo a Zona comercial de Benito Corbal - Sagasta, edificio central da Xunta de Galiza, Santuario da Peregrina, Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Aparcadoiro Santa Clara. Rúa Santa Clara, Praza José Martí. Próximo a Centro Histórico, Museo de Pontevedra, Centro comercial Hiperfroiz, Cruz Vermella, Santuario da Peregrina, Ponte de Santiago. Conta con 203 prazas en rotación

Aparcadoiro Campolongo. Próximo ó edificio da Xunta de Galicia. Conta con 700 prazas

Outros aparcadoiros

Garaxe Praza. Rúa Cobián Roffignac. 125 prazas
Venezuela. Rúa Joaquín Costa, próximo ao Hospital Provincial. 250 prazas
Renfe (Estación de ferrocarril). Rúa Eduardo Pondal. 30 prazas soterradas, 252 de pago en superficie
Miranda. Rúa Marqués de Riestra. 120 prazas
Gran garaxe. Rúa Benito Corbal. En torno a 75 prazas
Costa Giráldez. Rúa Benito Corbal. 120 prazas
México. Praza de Barcelos. 200 prazas

Aparcadoiros en fase de construcción ou apertura: Veteris (450 prazas), Praza de España (326 prazas)







Hoxe é 10.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.10.2009 polo Concello de Pontevedra.