Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade

Os Plans de Mobilidade


 
O Centro de Control de Tráfico da Policía Local encárgase habitualmente de establecer dispositivos de tráfico acaídos á natureza participativa e activa da capital, implicándose en todas as medidas necesarias para compatibilizar un eficaz nivel de mobilidade dos cidadáns coas distintas actividades urbanas.

Prácticamente todo o ciclo anual de festas, as conmemoracións festivas ou relixiosas (Reis, Entroido, Semana Santa...), o Nadal, os eventos deportivos, lúdicos e culturais, as obras públicas e outros motivos, xeneran a necesidade de combinar as distintas funcións da cidade.

Para harmonizar a mobilidade urbana con eses acontecementos, o Centro de Control de Tráfico da Policía Local elabora Plans de Mobilidade específicos. Son operativos que inclúen alternativas de tráfico, cambios de direccións, sinalizacións ocasionais, campañas informativas, etc.

Todo para garantir un servizo de calidade á cidadanía e que a cidade poida ser ese escenario vivo e activo que os pontevedreses decidiron que fose.






Hoxe é 19.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.05.2008 polo Concello de Pontevedra.