 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Urbanismo e Territorio
A reforma urbana
|
|
|
|
Iniciada en 1999, foi a materialización do Modelo de Cidade co que Pontevedra está transformándose nunha cidade evoluída e próspera.
O proceso foi paralelo á progresiva peonalización da urbe, cunha execución de obras aínda hoxe en marcha, que persegue un medio urbano ao servizo dos cidadáns, limpo, non agresivo, humanizado, fermoso e apto para as actividades residenciais e económicas.
As obras máis significativas da primeira época fóron o inicio da rehabilitación integral do Centro Histórico, tanto nas súas principais rúas e prazas como de edificios públicos (Mercado Municipal, Pazo de Mugartegui, Casa das Campás, Museo de Pontevedra, Parador de Turismo) e dotación de servizos (aparcamento soterrado, renovación de conduccións de auga, lixiviados, etc, introducción de fibra óptica e gas canalizado...). A revitalización conseguinte fixo que a gran maioría dos edificios privados fosen postos en valor polos seus propietarios, e o zócalo urbano renacese como escenario comercial.
Posteriormente acométense obras de reforma das rúas comerciais próximas ao Centro Histórico cara ás Prazas de Compostela e Galiza, xunto con accións de reforma noutras rúas ou barrios máis alonxados, como Santa Teresa de Jesús Jornet, a travesía da Eiriña, a Avda. da Coruña ou San Antoniño, así como a gran obra de reforma integral do Arrabalde de Santa María, que inclúe significativas obras no Campiño de Santa María e nas principais rúas das Moureiras.
Estes labores de reforma incluen sistemas de accesibilidade, circulación e aparcamento seguindo un modelo de mobilidade deseñado para incrementar a calidade urbana, crear espazos de convivencia cidadá e promover a cohesión social da capital.
|
|
|
Hoxe é 20.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|