 |
|
|
Rota >
Notas Biográficas
|
|
|
|
Teresa Casal García naceu e vive en Pontevedra.
Está casada e ten tres fillos.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria xeral do centro rexional da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) entre 1987 e 2003.
Entrou en política no 1987 por medio do Partido Nacionalista Galego (PNG) da man de Pablo González Mariñas. Foi candidata á Alcaldía de Pontevedra por esa formación en ese mesmo ano. Abandonou o PNG ó ano seguinte cando a formación integrouse no BNG.
No ano 1999 reapareceu na actividade política como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE, que encabezaba Roberto Taboada Rivadulla. En 2002, por motivos de saúde de Roberto Taboada, asume a portavocía do grupo socialista.
En 2003 encabeza a lista do PSdeG-PSOE á Alcaldía, mellorando os resultados electorais. Durante o mandato, exerceu como concelleira delegada de Promoción Económica.
En 2007 volveu encabezar a candidatura socialista levando ó partido socialista a rozar os 10.000 votos. Na actualidade é tenente de alcalde única e exerce as responsabilidades nos eidos do Urbanismo e o centro histórico.
|
|
|
Hoxe é 11.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|