Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota >

Saudo


 
Pontevedra é unha cidade feita á medida das persoas.

A nosa orixe é unha cuestión discutida polos historiadores e soterrada nos estratos e misterios do tempo. Parece claro que xurdimos e crecemos a partires da vila romana construída na cabeceira da ponte do Burgo. Grazas a elo hoxe podemos ofrecer ó visitante un conxunto histórico artístico composto por máis de 700 edificacións civís entre as que sobresaen fermosos pazos e tamén por relevantes monumentos relixiosos.

Pontevedra é unha cidade acolledora e aberta, que aposta polo turismo, e que ofrece a cordialidade das súas xentes e unha paisaxe marcada pola simbiose entre a terra e augas doces e salgadas, coa ría como nai e orixe de todo.

Pontevedra é tamén unha cidade orgullosa do seu pasado. Fomos a maior urbe galega cando do porto das Corbaceiras saía o viño do Ribeiro e os lagares de saín (aceite de sardiña) traballaban arreo. Fomos terra do pirata Benito Soto e mesmo competimos como berce de Cristóbal Colón, non en van aquí se construíu a carabela Santa María.

Somos, en fin, unha cidade de presente, próspera, coqueta e chea de oportunidades. Así nos asomamos a esta xanela global que é a Internet. Por iso ós pontevedreses, que temos sangue mariñeiro, gústanos mirar sempre ó horizonte, ó futuro.







Hoxe é 20.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.05.2008 polo Concello de Pontevedra.