Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota >

A túa voda no Concello de Pontevedra


 
QUE É?
A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro ou concelleira en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.

QUE DOCUMENTOS HAI QUE ACHEGAR?
Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:

PRIMEIRO.- Tramitar a solicitude no Rexistro Civil do Concello onde se atopen empadroados, encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda. O Rexistro Civil de Pontevedra expedirá o documento denominado “Relación de datos de matrimonio civil”. O Enderezo do Rexistro Civil de Pontevedra é:

  • Enderezo do Rexistro Civil: Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n; 36004 Pontevedra
  • Tel. do Rexistro Civil: 986 805 767
SEGUNDO.- Presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:
Solicitude de casamento.
  • Documento acreditativo do pago da taxa correspondente que é de 77,64 €.
  • Fotocopia do DNI dos contraentes.
  • Fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que deberán estar presentes na cerimonia.
  • Relación de datos de matrimonio civil, expedida polo Rexistro Civil.

DATA
Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 804 303 ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello os martes e xoves de 8.00 a 15.00 horas. A data reservarase tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.
A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.

HORARIO
As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Pontevedra teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizaranse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os venres pola tarde e sábados, e no salón de actos da Casa do Concello, o resto dos días .
Horario:
  • Calquera día laborábel de 8.00 a 14.30 horas
  • Os venres pola tarde de 18.00 a 20.00 horas
  • O sábados:
    • Mañá.- de 11.30 a 14.00 horas
    • Tarde.- de 18:00 a 20.00 horas.
  • Non se celebrarán vodas nin os domingos nin os festivos.
ORGANIZACIÓN
Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 804 303 para indicar:
  • Número aproximado de asistentes á cerimonia
  • Música: poderán contratar pola súa conta música en directo ou traer un equipo de música...
  • Adornos florais: poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría.
    • Horarios para adornos: colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.
  • Aneis (non son obrigatorios): antes da cerimonia indicarán a persoa que os leva.
  • Vehículos: durante o tempo da cerimonia poderán aparcar dous vehículos na Praza da Pedreira, diante do Pazo. Informarase con antelación (1 semana) á Policía Local da matrícula daqueles.
Fotográfias pazo de mugartegui
enlace

Para máis información

Servizo de Protocolo
T 986 804 303
Fax: 986 860 102
contacto aquí










Hoxe é 01.08.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.06.2010 polo Concello de Pontevedra.