O CES reśnese mańį no Concello

O Concello de Pontevedra acolle mañá, 26 de xaneiro, a reunión do Consello Económico e Social (CES) que estará presidida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Ademais están convocados a esta reunión:

• Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego
• Grupo Municipal do Partido Popular
• Grupo Municipal do Partido Socialista
• Vicerreitorado da Universidade de Vigo
• Novagalicia banco
• Delegación territorial da Consellería de Economía e Industria
• AEMPE
• Federación de cooperativas Sinerxia
• Federación de Veciños Castelao
• Comisións Obreiras
• UXT
• CIG
Cámara de Comercio

Na orde do día do CES figuran os seguintes puntos:

1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Dación conta nomeamento vicepresidente do CES
3. Información sobre a incidencia do RD Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia presupostaria, tributaria e financieira para a correción do déficit público.
4. Información sobre os criterios e liñas xerais do proxecto de Orzamentos municipais para 2012.
5. Información sobre a situación económico-social do Concello de Pontevedra
6. Rogos e preguntas.