Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade

O Concello de Pontevedra inicia nesta semana distintas obras urbanas de mantemento e reparación de diversas rúas céntricas da cidade. O concelleiro delegado do ámbito urbano, Luís Bará explicou esta mañá que as obras que se porán en marcha son:

O Concello tamén iniciará nas vindeiras semanas traballos para mellorar a mobilidade na rúa Peregrina, entre Fonte dos nenos e a rúa Daniel de la Sota. Trátase dun tramo de grande concentración de persoas polo que o Concello eliminará os parterres e conservará as árbores que estarán protexidas por alcorques a nivel do chan, para que o espazo sexa o máis accesíbel posíbel.

Desdobramento da avenida de Vigo
Ao respecto do desdobramento da avenida de Vigo, Luís Bará explicou esta mañá que o proxecto de melloras na avenida da Estación van a moi bo ritmo. A beirarrúa da marxe dereita está practicamente rematada e xa comezaron os traballos na outra marxe para construír unha beirarrúa no lugar que agora hai unha franxa de estacionamento de vehículos.
Tamén comezou a urbanización do propio desdobramento coa construción das beirarrúas.

Praza do Hospital
O concelleiro tamén explicou que na Comisión de Infraestruturas celebrada esta mañá abordouse o proxecto de creación dunha gran praza diante do Hospital Provincial. Este proxecto será licitado nos próximos días e o propósito é que todo o procedemento administrativo poida estar resolto no prazo duns tres meses.
Luís Bará recordou que se trata de facer unha gran praza entre a rúa Cobián Areal e as Urxencias do Hospital, que terá unha superficie aproximada duns 1.200 metros cadrados que se urbanizarán en lastro de pedra e formigón.
Esta obra, que terá un custe de licitación de 417.000 euros, suporá unha transformación moi substancial neste ámbito incrementando a súa calidade urbana. Aínda que será unha praza pública, será compatible co tráfico rodado en circunstancias excepcionais como nos desfiles de Reis, do Entroido ou calquera outra actividade destas características.