Comezan as obras para mellorar a rede de abastecemento na rúa Alemaña

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá os traballos de renovación da rede de abastecemento da rúa Alemaña, no barrio de Monte Porreiro, dende a rúa Armórica até a rúa Bélxica. O orzamento é de 85.386,05 euros.
As obras que se van realizar incluen a rede de abastecemento de auga nun tramo de beirarrúa da rúa Alemaña, aproximadamente dende o cruzamento con Armórica, onde o tramo proxectado conéctase ás redes existentes, seguindo a beirarrúa da marxe dereita cara a rúa Bélxica. En todo este tramo instalaranse un total de cinco bocas de rego.
Esta obra permitirá resolver un punto negro da rede de abastecemento na que constantemente estaba a traballar o Concello facendo reparacións á rede actual que é de fibrocemento e que será substituída por tubaxe de fundución.
Este proxecto está incluído dentro das melloras na rede de abastecemento en baixa e de alcantarillado que realiza a empresa concesionaria do servizo, Viaqua.