IV Congreso galego-portugués de Psicoloxía do Deporte

Pontevedra acollerá os vindeiros 5 e 6 de marzo o VI Congreso galego-portugués de psicoloxía do deporte e o primeiro Encontro da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte. Será nas instalacións da facultade de Forestais, dado que no Pazo da Cultura está totalmente ocupado nestas datas polo Salón do Libro.

Os organizadores presentaron esta mañá o congreso ao Concello, nunha reunión que mantiveron co alcalde, a quen lle explicaron que no Congreso abordarasen temas vinculados coa psicoloxía, coa psicoloxía do deporte, coa investigación, e tamén coa psicoloxía do deporte no fútbol.

Poderán acudir arredor de 200 persoas de todos os eidos, dende estudantes, psicólogos, adestradores e persoas vinculados coa actividade deportiva.

Participarán 20 ponentes do estado español, de Portugal e tamén doutros países como México ou Colombia.