A directora xeral de Tráfico visitará Pontevedra en febreiro

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores anunciou esta mañá que a directora xeral de Tráfico, María Seguí, visitará a cidade o vindeiro mes de febreiro, xa que ten interese en coñecer o seu modelo urbano. Ademais, Pontevedra postulouse para acoller o próximo encontro de cidades pola mobilidade que se celebrará no ano 2016.

O alcalde anunciou que o interese da directora xeral de Tráfico xurdiu do encontro que mantiveron en Torrevieja durante o II encontro de cidades pola mobilidade celebrado a finais da pasada semana na cidade de Torrevieja, onde Pontevedra expuxo o seu modelo que cada día se consolida como un referente para o Estado, de feito o alcalde recibiu os parabéns das cidades de Madrid ou Oviedo, entre outros.