Aprobada unha modificación de crédito por 2.3 millóns

A Comisión de Economía e Facenda do Concello de Pontevedra ditaminou hoxe por unanimidade de todos os grupos a modificación de crédito de 2.315.132,71 euros. Desta contía, 1.052.000 euros vai destinado á amortización da débeda, e máis dun millón de euros a investimentos entre os que se atopan obras como o inicio do proceso de instalación do alcantarillado nas parroquias de Marcón e Bora. Segundo explicou o concelleiro de Economía e portavoz do Goberno, Raimundo González, trátase de dar cumprimento ao acordo plenario aprobado por todos os grupos no que se esixía de Fomento a urbanización da rúa, da Xunta de Galicia a sinatura dun terceiro convenio de saneamento no que se incluise esta obra como prioritaria.

Segundo Raimundo González, nesta modificación de crédito destínanse 50.000 euros para iniciar os trámites da licitación do proxecto, que xa se está a elaborar. O portavoz do Goberno confía en que a Xunta asine o terceiro convenio de saneamento no que colaboraban as dúas administracións en porcentaxes do 30%-70%, Concello e Xunta, respectivamente.

Outras partidas da modificación de crédito son o derribo do antigo colexio de Marcón, o acondicionamento do local social do Burgo...