+Boavila, un programa que mellorará a calidade urbana e estética de Pontevedra

O Concello de Pontevedra inicia no mes de setembro o programa "+ Boavila" que se centrará na mellora da calidade urbana, a estética e a convivencia cidadá a través de actuacións no espazo público e privado. Estará xestionada polos concelleiros de Carmen Fouces, Anxos Riveiro e Luís Bará dado que os seus departamentos atopanse imbricados neste proxecto que se achegará ao centro urbano e a todos os barrios urbanos de Pontevedra para mellorar zonas verdes, predios e edificios, mobiliario urbano, medianeiras públicas...
Este "goberno dos pequenos detalles" como explicou Carmen Fouces, tamén pretende promover a querenza polo barrio, polos espazos públicos, o orgullo de cidade e a autoestima. Este proxecto fixará prioridades e un calendiario para acometer plans de choque nos distintos barrios urbanos.
"+ Boavila" pretende fomentar a participación cidadá, coa corresponsabilidade e a interlocución con entidades representativas e a veciñanza coa convocatoria de xuntanzas  por barrios e distintas zonas da cidade.
Segundo o tipo de actuacións están previstas as seguintes:

1. Mellora de vías urbanas
a.  Conservación e mantemento de rúas, beirarrúas, prazas...
b. Continuación dos traballos de reparación de vías e espazos urbanos
c. Atención a zonas específicas, alcorques
d. Pintado e sinalización de viais
2. Parques e zonas verdes
a. Parques e xardíns
b. Zonas de xogo e de lecer
c. Pequenos restos de zonas verdes
d. Maceteiros e flores
3. Predios e edificios abandonados
a. Terreos de titularidade pública: Costas, Fomento, Xunta, Deputación, Concello
b. Terreos de titularidade privada: muros de peche, medianeiras, zonas de uso común de edificios
c. Pontevedra ilustrada: muros e medianeiras
4. Mobiliario urbano: cuestións estéticas, de funcionalidade, de accesibilidade...
a. Bancos, papeleiras, sinais, farolas...
b. Bolardos
c. Aparcabicis
d. Marquesinas
e. Cadros de control semáforico
f. Cabinas de teléfonos
g. Sinalización vertical
h. Valados publicitarios
i. Paneis informativos obras