Pavimentación da rúa Otero Pedrayo

Mañá comezan traballos de pavimentación na rúa Otero Pedrayo. Cabe lembrar que recentemente a empresa distribuidora do gas na cidade fixo canalizacions por un carril desta rúa, e a empresa que executa as obras do AVE tamén realizou traballos de canalización baixo a ponte do tren, que foron tapados provisoriamente con formigón.
Ambas empresas coordináronse para executar os traballos de pavimentación conxuntamente e reducir ao máximo os inconvintes para os usuarios e residentes nesta rúa.
Farase a pavimentación baixo a ponte do tren, e tamén do carril no que se fixeron as canalizacións do gas. Os traballos desenvolveranse ao longo desta semana, coa previsión de rematar o venres.
A reposición do firme obriga a pechar o carril de saída da cidade por esta rúa, aínda que permanecerá aberto o carril de entrada, cara Eduardo Pondal. Os condutores poderán empregar a avenida de Vigo como saída da cidade.