Pasos elevados en Raa Vitoria

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera fixo balance esta mañá -no remate do curso político- das medidas de mobilidade implantadas no ámbito de Echegaray e Alfonso XIII. Segundo o concelleiro, a alternativa ofrecida aos pais do Colexio San Xosé foi ben entendida e acatada. Na actualidade estacionan na rúa Serra e está a funcionar ben, segundo César Mosquera.

Os datos de aforo de vehículos nas rúas nas que se adoptaron medidas de mobilidade tamén revelan bos datos. En Alfonso XIII deixaron de pasar a practica maioría dos coches, xa que o facían uns 4.500 a diario. 

No tramo entre Subdelegación do Goberno-Alameda-Echegaray pasáronse duns 5.000 a uns 3.500 vehículos/diarios.

E no tramo entre San Roque-Alameda-Echegaray pasouse duns 10.500 vehículos/diarios a 9.000.

Mosquera explicou que o tramo no que o Goberno está máis preocupado neste momento é a avenida de Raíña Vitoria, xa que foi o punto da cidade onde houbo máis atropelos o pasado ano.

Para correxir situacións como esta poñeranse en marcha reaxustes: