Chamamento para asistir á manifestación en defensa da Sanidade

Os alcaldes de Pontevedra, Poio, Vilaboa, Bueu e Caldas, xunto ao tenente de alcalde de Pontevedra, e o portavoz do PSOE no Concello de Barro fixeron hoxe un chamamento a toda a cidadanía da área sanitaria de Pontevedra para que acudan á mobilización convocada para mañá ás 20.00 horas, na cidade de Pontevedra “porque estamos preocupados pola situación e o cariz que está tomando a sanidade pública en xeral, cun deterioro sistemático; e en pontevedra máis concretamente”, indicou o alcalde de Pontevedra,  Miguel Anxo Fernández Lores.

O rexedor pontevedrés indicou que “hai riscos importantes. O primeiro é que estamos perdendo calidade, menor inversión, recortes en servizos universais, perda de inversión na nosa área sanitaria, perda de certas especialidades que correspondente a unha área de máis de 200.000 habitantes e agravio ao respecto doutras áreas sanitarias de galiza”. Concluíu Lores diciendo que “se seguimos nesta liña acabaremos sendo área sanitaria de terceira división e eso é malo para os cidadáns e tamén para os profesionais”.

Ante esta situación, os alcaldes “demandamos un hospital único e público na nosa área sanitaria que entendemos que ten que ser Montecelo porque se fixo nel un investimento importante nos últimos anos -decisión do Partido Popular no seu momento que nos aceptamos- e que non podemos desaproveitar porque cunha inversión menor podemos facer un hospital con todas as especialidades previstas para a nosa área”, resumiu Lores.