Apoio a manifestación en defensa da sanidade do venres

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá o apoio á manifestación en defensa da sanidade pública, facendo un chamamento explícito aos veciños de Pontevedra para que se sumen a esta mobilización porque está en perigo "a área sanitaria tal e como a coñecemos hoxe en día", explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González. "Debemos mobilizarnos porque hai moito en xogo".