Prórroga do convenio con Palleiros

A Xunta de Goberno Local acordou esta semana prorrogar o convenio de colaboración coa Asociación Os Palleiros para continuar coa custodia de cans no Concello de Pontevedra. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o convenio ten unha contía de 26.852,08 euros e lembrou que o compromiso do Concello foi anular a contratación da anterior canceira a cambio de facer labores de limpeza e adecentamento na canceira.