A praia fluvial de Ponte Sampaio xa está lista para o verán

Os traballos de mellora da área recreativa de A Xunqueira, na parroquia de Ponte Sampaio, desenvólvense ao bo ritmo. Xa está acondicionada a explanada do estacionamento e a praia fluvial está totalmente acondicionada (aporte de area e limpeza) para dar servizo aos veciños e visitantes durante estes meses de verán.

    Segundo informou o concelleiro Raimundo González, durante estes días estánse a repoñer ou a restaurar todos os elementos de mobiliario da zona: papeleiras, lavapés, duchas e outros elementos. En función do seu estado, a Concellaría de Medio Ambiente Urbano está a cambialas ou a reparalas.     A continuación está previsto o tratamento de toda a zona verde.

    O obxectivo do concelleiro Raimundo González Carballo é realizar unha reforma en profundidade de toda a zona para que esté en óptimas condicións de uso cara ao verán, como se fai cando chega esta época do ano. A actuación fíxose seguindo os acordos acadados coa Asociación de veciños e coa Asociación de naseiros de Ponte Sampaio e rondará os 80.000 euros.