Actualízate

16 de Xullo de 2019Pontevedra

O luns, 31 de xaneiro, ponse en marcha o Camiño escolar

24 de Xaneiro de 2011
O luns 31 de xaneiro porase en marcha o Camiño escolar, unha iniciativa nova do Concello de Pontevedra, organizada pola Concellaría de Protección Cidadá, xestionada por Demetrio Gómez, en colaboración coa Policía Local que pretende axudar aos escolares (a partir de 8 anos) a acudir e regresar do colexio sen adultos.

Demetrio Gómez explicou que este proxecto piloto que se porá en marcha no colexio Álvarez Limeses pódese pór en marcha porque “a cidade o permite”, e tamén porque houbo unha implicación dos servizos técnicos da Policía Local, do colexio, de o propio tecido social do barrio coa axuda directa dos locais comerciais.

A pasada semana o profesorado e os alumnos do colexio recibiron un manual de uso de que é o Camiño escolar que foi elaborado polo Concello e polo colexio. Neste documento se inclúe o que ten que facer cada unha das persoas implicadas no Camiño escolar.

Ao longo desta semana impartirase un curso de formación por parte da Policía Local. Terá unha parte teórica e outra práctica na rúa. E o xoves está previsto que as persoas que participen no proxecto visiten aos rapaces  para que os coñezan, e para que o proxecto comece a andar no luns, 31 de xaneiro.

O Camiño escolar quere que os nenos de Educación Primaria acudan camiñando á escola sen compañía de adultos, por iso, nos puntos máis conflitivos, haberá persoas que axuden a cruzar aos nenos. Será pouco antes das 09.00 horas e da saída dos colexios, e terán un sinal Estes puntos serán: Cobián Areal-Joaquín Costa; Eduardo Pondal-Uxío Novoneira; Sagasta-Benito Corbal; Joaquín Costa-Doce de novembro; Barcelos-San Antoniño; Avenida de Vigo-Fernández Ladreda; Avenida de Vigo-Sagasta.

A seguridade nestes puntos estará reforzada con motoristas. Dende a Central de Tráfico controlaranse os cruzamentos e, incluso, se prevé dar máis tempo aos semáforos para axudar a cruzar.


Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 16.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.01.2011 polo Concello de Pontevedra.