Actualízate

15 de Decembro de 2018Pontevedra

Arquitectos e aparelladores piden implantar a inspección dos edificios

19 de Outubro de 2011
Antón Louro explicou aos representantes dos colexios, encabezados por Manuel Abelleira e Pelayo Eyo, respectivamente, que a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal debe ser unha prioridade para todos e debe partir dun consenso político xeneroso. Neste tipo de cuestións, subliñou, cómpre ter a intelixencia de buscar o que temos en común en vez de pelexar ou caer na tentación de facer un plan contra un ou outro partido. Louro lamentou que Pontevedra siga contando cun Plan que ten xa máis de 20 anos e presenta problemas derivados da súa falta de adaptación ás sucesivas leis emitidas dende entón. Por todo elo, alertou do risco de conformarnos e resignarnos a non renovalo botándolle a culpa á Xunta.
Na xuntanza falouse tamén da posible elaboración dunha ordenanza de Inspección Técnica dos Edificios (ITE), dado que Pontevedra é a única das sete grandes cidades galegas que carece dun mecanismo deste tipo. A ITE establecería a obriga de realizar e presentar un informe do estado dos inmobles de máis de 10 anos. A súa periodicidade variaría en función da antigüidade. Antón Louro admitiu que as inspeccións axudarían a prever accidentes e sinistros de todo tipo e tamén que, en ocasións, as Administracións públicas só reaccionan cando se produce unha desgracia. Pontevedra unicamente obriga, por mor dunha ordenanza aprobada a mediados dos 90, a revisar as fachadas de aplacados de pedra.
Sen embargo, o tenente de alcalde tamén apuntou que nestes momentos a ITE suporía unha carga económica para as comunidades de propietarios, que mesmo están a atravesar dificultades polo aumento da morosidade no pago das cotas veciñais mensuais. O concelleiro quedou en estudar o tema polo miúdo, sopesando todos os factores, antes de adoptar unha decisión.
Antón Louro tamén avanzou, diante da petición dos arquitectos de implantación da licenza dixital e dunha simplificación na tramitación das licenzas na Concellería de Urbanismo, que está a traballar nunha remodelación interna que vai implicar a desaparición dalgunha oficina técnica co obxectivo de lograr unha maior coordinación e unha maior “trazabilidade” dos expedientes. O deseño final está case rematado e en poucas semanas darase a coñecer.
Finalmente, o concelleiro recibiu a petición de reforzar a colaboración en cuestións como a organización de concursos públicos, que abran aos arquitectos noveis a posibilidade de optar a proxectos de obra pública, e actuacións de tipo cultural.
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.10.2011 polo Concello de Pontevedra.