Pontevedra

Pontevédrate...

Na época da Restauración, a finais do XIX, iníciase un proceso de readaptación urbana e mellora das infraestruturas: rehabilítase o cascohistórico, planifícase o ensanche, levántanse novos edificios públicos, chega o ferrocarril,...

ANUNCIO DA APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, REFORMA INTERIOR E CONSERVACIÓN ARTÍSTICA DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE PONTEVEDRA (PEPRICA) PARA MUSEIZACIÓN DE RESTOS ARQUEOLÓXICOS ACHADOS NAS PRAZAS

A Xunta de Goberno Local, en sesión de 23 de novembro de 2009, acordou por unanimidade:

PRIMEIRO.- Prestar aprobación, con carácter inicial, ao proxecto promovido por este Concello de Modificación Puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico de Pontevedra, para museización dos restos arqueolóxicos aparecidos nos eidos dos subsolos das rúas Meste Mateo-Sta María e prazas Valentín García Escudero-Peirao, instrumento urbanístico, redactado polo arquitecto xefe da Oficina de Planeamento e Xestión Urbanística, datado en outubro de 2009, que introduce as modificacións subsecuentes ao informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 21 de outubro do 2009.

SEGUNDO.- Someter a información pública o proxecto de modificación referido, durante o prazo dun mes, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da Provincia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación a tódolos propietarios catastrais afectados, e remisión á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Turismo, dun exemplar do proxecto modificado interesando a emisión do informe correspondente ao abeiro do artigo 45 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Durante o prazo de 1 MES, calquer interesado poderá examinar o expediente, en horario de oficina, no Servizo Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Rúa Churruchaos, núm 2 - Pontevedra), e formular as alegacións e suxestións que estime procedentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións, dende o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo de un mes computado desde a última das publicacións referidas.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

Pontevedra, 3 de decembro de 2009.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.12.2009 polo Concello de Pontevedra.