Pontevedra

Pontevédrate...

O actual Concello edifícase sobre unproxecto de Sesmero de marcado carácter francés. Recíbese en 1880 e o seu primeirocometido foi acoller a Exposición Rexional daquel ano

ANUNCIO DA APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE DELIMITACIóN DE POLÍGONO EN SOLO URBANO NON CONSOLIDADO E PROVISIONAL DO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR PARA O SEU DESENVOLVEMENTO URBANíSTICO EN CAMPOLONGO

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 01.08.2010, adoptou por unanimidade o seguinte ACORDO:

 

“(...)Segundo.- Prestar aprobación definitiva, ao Proxecto de Delimitación de Polígono en solo urbano non consolidado e provisional e ao Plan Especial de Reforma Interior, para o seu desenvolvemento urbanístico, na zona de Campolongo: rúas Alfonso X O Sabio, rúa das Perliñas, Fernando II, Camiño das Abilleiras e terreos da ONCE, formulado mediante iniciativa particular por “PROMOCIONES PELETE S.L.” e outros, ao abeiro da D.T. 1ª da LOUG; instrumentos urbanísticos redactados polos arquitectos don Eugenio Jiménez Passolas, don Gustavo Pérez Álvarez, e don Amador Rey Camiño, con visado colexial de 30/03/10.

Terceiro.- Someter o presente expediente relativo á aprobación do Plan Especial a informe preceptivo e vinculante da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consonte ao disposto no artigo 86.1 d) da LOUG, para o que se remitirá o expediente completo debidamente dilixenciado.

Cuarto.- Dispoñer a publicación no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello do acordo aprobación definitiva do expediente de delimitación do polígono, con notificación individual aos interesados e ofrecemento de recursos procedentes.”

O que se fai público, a salvo dos termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os oportunos efectos.

Faise constar que con data 08/08/11, tivo entrada na Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, a documentación referida para a emisión do informe preceptivo e vinculante previsto no art. 86.1.d) da Lei 9/2002.

Contra o presente acordo de aprobación definitiva do Proxecto de Delimitación do Polígono en Solo Urbano non consolidado, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Contra o acordo de aprobación provisional do Plan Especial de Reforma Interior para o seu desenvolvemento urbanístico, poderá interpoñerse o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa notificación, ó abeiro do establecido no artigo 116-1 da Lei 30/1992 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, consonte ó disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.

Pontevedra, 22 de agosto de 2011

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 30.08.2011 polo Concello de Pontevedra.