A Concellería de Deportes e a Sociedade Ximnástica impulsarán un circuíto atlético anual en Pontevedra
20 de Outubro de 2011
Agustín Fernández anunciou que a súa intención, a pesar do pequeno recorte que vai haber no orzamento do Instituto Municipal de Deportes, pasa por manter as subvencións aos clubs, así como continuar coas distintas colaboracións en conceptos de tipo loxístico.
O concelleiro admitiu as reivindicacións da Ximnástica, nas que se apela á importancia do club, tanto pola súa participación nunha competición de rango nacional na máxima categoría do atletismo, como pola actividade social que xera e desempeña ao longo do ano. Ningún club, recalcouse, é quen de reunir na rúa a máis de mil persoas practicando deporte, como vai suceder este domingo coa media maratón, nin máis de 2.000 persoas, como ocorre coa San Silvestre.
Ambas partes quedaron en comezar a deseñar un calendario de carreiras populares para o ano próximo. Estaría integrado por entre cinco e seis probas, distribuídas ao longo da anualidade, e que contarían con un regulamento. Habería unha inscrición única e estudarase a posibilidade de integrar algunha das probas que xa se organizan no municipio por distintas entidades, pero apostando sempre pola calidade. O circuíto traería como novidades unha nova carreira en Monte Porreiro e un 10.000 polo centro urbano. Quedaría á marxe a San Silvestre, co obxectivo de preservar o seu carácter lúdico e de celebración da Fin de Ano. A iniciativa irá madurando nas próximas semanas e presentarase cando estea completamente pechada.
A concelleira de Igualdade, Lola Dopico, deixa o Concello
O Concello pide á Xunta autorización para pór medidas de seguranza viaria e accesibilidade na estrada de Marín
As tasas de delincuencia en Pontevedra están en cifras de "resistencia"
Éxito de público nas xornadas de portas abertas do CITA con motivo do Día internacional dos museos
A Concellería de Turismo actualiza a caseta informativa da praza de España converténdoa nun “collage” de espellos
O Concello quere pagar a proveedores en 30 días
Pontevedra acolle o “II Torneo Minibasket”, coa participación de 250 rapaces pertencentes a 11 clubs da provincia
A visión dos alumnos dos institutos da cidade sobre as condutas aditivas exposta no Concello
Antón Louro asina o convenio para o financiamento da quinta fase da Área de Rehabilitación de Estribela
Benestar organiza o curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade