Actualízate

22 de Maio de 2012Pontevedra

A media maratón de Pontevedra superará os 1.000 participantes

18 de Outubro de 2011
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o representante da Sociedade Ximnástica, Juan Romero, e os patrocinadores: Santiago Picallo por La Caixa e Genaro Lorenzo, por Serviocio, foron os encargados de informar sobre os últimos detalles.
Agustín Fernández destacou que a proba é nunha das citas principais do calendario deportivo anual desta cidade. O mérito atribuíuno a “algúns acertos que se foron "cometendo" nestes últimos anos”. Destacou o cambio de recorrido, optando por un formato moito máis urbano e distribuído nun circuíto de dúas voltas, o que fai posible que haxa xente que o encare como unha rodaxe de 10-11 Km. O segundo acerto, continuou, foi a aposta por patrocinadores, logrando un apoio que é especialmente importante “nestes tempos nos que tanto pronunciamos o verbo recortar”.

O concelleiro destacou que a media maratón de Pontevedra pode e deber seguir crecendo en cantidade e en calidade (coidando sempre os detalles de organización) para converterse nunha cita imprescindible para todos os atletas do Noroeste peninsular. Por elo felicitouse polo éxito de participación, que xa está garantido.
Juan Romero subliñou que a media de Pontevedra está xa entre as mellores de Galicia e experimenta un crecemento tan rápido que hai que ir pensando en poñer un límite de participación, coa intención de que siga a ser un evento manexable e ben organizado. Destacou que a vocación galega da proba debe continuar. O obxectivo é atraer aos atletas galegos, o que mesmo levou a renunciar este ano ás ofertas para incluíla no calendario nacional. De aí tamén, continuou, a decisión de introducir este ano tres premios para os mellores atletas locais.
Os patrocinadores destacaron tamén a vocación de calidade desta proba deportiva e anunciaron a posibilidade de novas colaboración con proxectos municipais que están aínda en fase de deseño, como a creación dun circuíto atlético pontevedrés que estaría integrado por varias probas distribuídas por todo o ano.
A proba celébrase este domingo, día 23, ás 10.30 horas da mañá. A inscrición debe realizarse en http://www.championchipnorte.com/ e remata, hoxe, día 18 de outubro, ás 23:00 horas. O importe é de 12 euros e para aqueles que teñan chip propio, será de 10 euros.
Só poderán participar os maiores de idade e estará aberta a atletas federados e corredores non federados.
O percorrido consiste nun circuíto pola cidade, ao que se lle dará dúas voltas, para completar os 21.097 metros da carreira. A saída efectuarase nas inmediacións do CGTD, na rúa José Malvar e Figueroa e a meta na pista de atletismo do CGTD. O circuíto estará completamente cortado ao tráfico rodado.
COUSAS A TER EN CONTA: O chip de aluguer debe devolverse en meta. Haberá avituallamento líquido cada cinco quilómetros. En meta entregarase tamén unha camiseta conmemorativa, unha bolsa de produtos alimenticios, servizo de fisioterapia e gardaría.
ENTREGA DE DORSAIS: O sábado 22 de outubro, no propio CGTD entregaranse durante practicamente todo o día os dorsais e tamén na mañá do día da proba.
PREMIOS: Este ano varían os premios en metálico, seguiranse dando ao oito primeiros, en homes e mulleres, pero establécese unha nova categoría de corredores locais, dos cales o tres primeiros obterán tamén un premio en metálico. Tamén haberá trofeo aos tres primeiros e primeiras da carreira e trofeo ao gañador de cada categoría.
A concelleira de Igualdade, Lola Dopico, deixa o Concello
O Concello pide á Xunta autorización para pór medidas de seguranza viaria e accesibilidade na estrada de Marín
As tasas de delincuencia en Pontevedra están en cifras de "resistencia"
Éxito de público nas xornadas de portas abertas do CITA con motivo do Día internacional dos museos
A Concellería de Turismo actualiza a caseta informativa da praza de España converténdoa nun “collage” de espellos
O Concello quere pagar a proveedores en 30 días
Pontevedra acolle o “II Torneo Minibasket”, coa participación de 250 rapaces pertencentes a 11 clubs da provincia
A visión dos alumnos dos institutos da cidade sobre as condutas aditivas exposta no Concello
Antón Louro asina o convenio para o financiamento da quinta fase da Área de Rehabilitación de Estribela
Benestar organiza o curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade
Pequenas suturas ao alcantarillado para eliminar residuos
21 de Maio de 2012

[...]

Ampla oferta cultural para esta fin de semana en Maio, mes da lingua
18 de Maio de 2012

[...]

Saída de Natureza sobre rodas á Xunqueira da Gándara
18 de Maio de 2012

[...]

Obradoiro de cantos de arrolo en Maio, mes da lingua
17 de Maio de 2012

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.10.2011 polo Concello de Pontevedra.