Desactivado o protocolo de frío

157

A Concellaría de Benestar Social Municipal desactivou onte o protocolo de frío, que puxo en marcha o pasado 30 de decembro por mor das baixas temperaturas que se viviron durante estes días.
Nestas dúas semanas deriváronse transeúntes ao albergue de Calor e Café e pernoctaron na pensión Santa Clara tres persoas: unha delas, tres noites; e dúas, unha noite. Foron os días 2, 3 e 4 de xaneiro.
Ademais, as entidades que participan neste protocolo repartiron 9 sacos de durmir, 56 pares de calcetíns térmicos, 18 calzóns e 18 camisetas térmicas entre todas aquelas persoas que rexeitaron durmir nos albergues ou na pensión concertada.
As entidades que participan neste protocolo de frío son o Concello, Cruz Vermella, Calor y Café, Cáritas, Protección Civil e a Policía Local.