Taller de narrativa de Marina Mayoral

59

Taller de narrativa impartido pola escritora Marina Mayoral, na Sede de Pontevedra da Universidad Internacional Menéndez Pelayo.

Do 3 ao 7 novembro de 2014 (20 horas), de luns a xoves de 17:00 a 21:00 h; venres de 10:00 a 14:00 h. no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Prazas limitadas.

O taller de escritura creativa pode ser útil tanto para as persoas que pretenden facer literatura de ficción coma para os que sinxelamente queren mellorar a expresión escrita das súas ideas e sentimentos. Tamén é de utilidade para os estudantes de humanidades xa que se manexan conceptos indispensables para a Crítica e a Teoría literaria.

Inscricións na secretaría de alumnos da UIMP. O prezo xeral de matrícula é de 130 € e para alumnos das tres universidades galegas é de 75 €. Posibilidade de bolsa da Deputación de Pontevedra. Descarga do formulario de solicitude: https://ow.ly/CkQgZ

+info. en https://ow.ly/CkQSa