“Pontevedra dende os Ríos”

87

A mostra "Pontevedra dende os Ríos", organizada pola Asociación de Veciños San Roque, está formada por catro paneis que conteñen fotografías históricas deste barrio pontevedrés. Instalada diante da Audiencia Provincial, esta exposición está dividida en catro partes: a ponte do Burgo, a ponte da Barca, as Corbaceiras e Mollabao coa súa relación co río Gafos.