“O tonto son eu”, con Rober Bodegas

52

Con motivo do día mundial do Alzheimer, AFAPO en colaboración con Ballesol, celebrerán unha gala benéfica para beneficio da asociación a cargo do humorista carballés Rober Bodegas.

Ambientes máis subterráneos, menos reprimidos e desprovistos de prexuízos. Nel ofrece unha selección das partes máis salvaxes do seu último espectáculo, "O albor da estupidez", acompañado dunha revisión dos momentos máis ácidos dos seus dous espectáculos anteriores, "O día no que empecei a odiar os iogures" e " Un condón por se pillo! " reescribidas para a ocasión. Durante máis dunha hora e media, Rober fala de todo o que lle molesta, dende a Teletenda á xente que non é capaz de suicidarse á primeira, pasando polos condóns de sabores e falar de sexo en familia, coidar a flora do intestino ou ETA. Unha versión enfurecida dos seus monólogos e ao mesmo tempo máis adulta, afastada do ton branco que impón a televisión.

Duración: 100 minutos aprox. Para maiores de 18 (Contido explícito). Prezo: dende 8 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com