“Noites Abertas 2015”. Actividades lúdico-festivas para a mocidade

64

Noites Abertas 2015 comezan o 23 de xaneiro con 127 novas actividades para mozos e mozas. O 23 de xaneiro é a data escollida pola Concellaría de Xuventude para pór en marcha as Noites Abertas 2015.

Por vez primeira, non se parará ningunha fin de semana até o 25 de abril en que está previsto que remate esta edición. Soamente non terán contido os dous sábados de entroido, pero si os venres desas datas.

Das propostas escollidas, 30 son de asociacións; 16 de 9 empresas pequenas de servizos socioculturais; 43 individuais de mozos e mozas, especialmente dos institutos Carlos Oroza, Xunqueira I, Torrente Ballester e Sánchez Cantón. E tamén se escolleron propostas de 27 colectivos xuvenís.

Consulta toda o programa de "Noites Abertas" na nova web www.noitesabertas.gal