Lembrando a Arturo Souto. Visitas guiadas

48

En conmemoración do cincuenta aniversario do pasamento do pintor pontevedrés Arturo Souto Feijoo (1902-1964), membro destacado do grupo dos Renovadores da Arte Galega, realizaranse unha serie de visitas guiadas á obra exposta do autor para afondar a través dela na súa traxectoria artística.

O xoves 3 de xullo e mércores 9, 16, 23 e 30 de xullo. Punto de encontro na recepción do Sexto Edificio.

Inscricións gratuítas no enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou chamando ao teléfono 986 804 100 ext. 42413.