AxendaPontevedra

123

Selecciona a túa búsqueda

19/09/2014 - 28/09/2014
Diferentes espazos da cidade


II Festival das Núbebes

II Festival das Núbebes. Festival de artes escénicas para bebés e familias. Teatro, contos, musica, danza e obradoiros para compartir co teu bebé. Os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de setembro de 2014.

Venres 19

Inauguración con Roque. 18:00 h. Teatro Principal. Convidados: Beatriz Campos, Pablo Díaz e Golfiños (Galicia). Teatro, monicreques, contos e música. Público familiar | 50 min | Entrada de balde*

• Cé, a Orquestra Pantasma. 19:00 h. Praza do Teucro. Con Cé, o home orquestra (Galicia). Actuación musical de rúa. Público familiar | 30 min.

Sábado 20

• Entre arrolos e contiños. 11:00, 12:00, 17:30 e 18:30 h. Casa das Campás. Con Beatriz Campos de Migallas Teatro (Galicia). Contos tradicionais e música. A partir de 6 meses | 30 min. Entrada de balde*

• A caixiña dos Mistos. De 10:00 a 13:00 h e de 16:30 h. a 19:00 h. Facultade de Belas Artes. Caravana de Mr. Misto (Galicia). Actividade de rúa con audiovisuais, obradoiros, etc… De 1 a 6 anos | Entrada de balde*

• El sueño de luna. 17:00, 18:00 e 19:00 h. Teatro Principal. Okina Teatro (Madrid). Teatro e danza. De 0 a 6 anos | 40 min | Entrada 2 €*

Xogando coa noite descubrimos o día. 18:15 h. (de 0 a 3 anos) e 19:00 h. (de 3 a 6 anos). Facultade de Belas Artes. Asociación Medrando á Par. Obradoiro sensorial 20 min | Entrada de balde*

Domingo 21

Durme Roque, durme. 11:00, 12:00 e 17:00 h. Casa das Campás. Baobab Teatro (Galicia). Contos e monicreques. De 1 a 5 anos | 35 min | Entrada de balde*

• Obradoiro de psicomotricidade para bebés e familia. 11:30, 12:30, 17:30 e 18:30 h. Casa Azul, Sala Almofrei. Con Marta Lloves (Galicia). Actividade con xogos de estimulación sensorial e linguaxe corporal. De 0 a 1 anos | 30 min | Entrada de balde*

• A caixiña dos Mistos. De 10:00 a 13:00 h. e de 16:30 a 19:00 h. Facultade de Belas Artes. Caravana de Mr. Misto (Galicia). Actividade de rúa con audiovisuais, obradoiros… De 1 a 6 anos | Entrada de balde*

• Claves para unha lactancia exitosa. 19:00 h. Casa Azul, Sala Valdecorvos. Asociación Tetameiga. Charla. Quen pode dar de mamar? Mitos, verdades, o papel do pai no proceso… Embarazadas e público interesado | 60 min | Entrada de balde*

Venres 26

• Obradoiro de experimentación plástica. De 17 a 19 h. na Casa Azul, Sala Almofrei. Asociación socioeducativa Paspallás. É necesario traer roupa que se poida manchar e toalliñas de limpeza. Información para alérxicos: as pinturas usadas están compostas por farináceos. De 9 a 24 meses | 40 min Entrada de balde*

Unha merenda saudable. Imaxina, crea e aprende nos fogóns. De 17:30, 18:30 e 19.30 h. Casa Azul, Sala Valdecorvos. Asociación de diabetes infantil, Anedia. Obradoiro de cociña saudable para bebés e familia. Público familiar | 30 min | Entrada de balde*

Sábado 27

• Cantacontos para bebés. 11:00, 12:00, 17:00 e 18.00 h. Casa das Campás. Con Pablo Díaz (Galicia). Contos e música.De 0 a 4 anos | 35 min | Entrada de balde*

Cé, a Orquestra Pantasma. 11:30, 13:00, 17:45 e 19:00 h. Praza do Teucro. Con Cé, o home orquestra (Galicia). Actuación musical de rúa. Público familiar | 30 min

• Guerra de almofadas. 12:40 h. Praza do Teucro. Cada participante (pequenos e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada. Público familiar | 20 min

Afuera es un lugar. 12:00, 17:00 e 18:30 h .Teatro Principal. Arena en los bolsillos. (Madrid). Teatro de actor monicreques e obxectos. De 1 a 5 anos | 35 min | Entrada 2 €*

Domingo 28

• A semente da danza. 11:00 h. (de 6 a 12 meses). 12:00 h. (de 13 a 24 meses). 17:30 h. (de 24 a 36 meses). 18:30 h. (de 3 a 4 anos). Casa Azul, Sala Almofrei. Con Artestudio. Obradoiro de danza. 40 min | Entrada de balde*

• Nanocontos. 11:30 e 12.30 h. Casa das Campás. Con Queliña (Galicia). Contos e monicreques. De 0 a 3 anos | 35 min | Entrada de balde*

• Porqué e como da música na primeira infancia. 17:30 h. Casa das Campás. Con Paulo Lameiro (Portugal). Obradoiro de música. De 0 a 9 meses | 45 min | Entrada de balde*

Concerto “A selva” e clausura do Festival con Roque. 19.00 h Teatro Principal. Golfiños e Baobab Teatro (Galicia). Concerto de Golfiños e clausura do Festival con Roque. De 1 a 6 anos | 50 min | Entrada 2 €*

*NORMAS DE PARTICIPACIÓN:

• Todas as actividades son de balde, agás as que teñan un prezo establecido.

• Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de
cada unha delas e a idade dos cativos ás que se dirixan.

• Para asistir as actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesario a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal. Os tiques poderán retirarse ao longo do mesmo día de función en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 h.

• Poderás retirar as entradas de varios espectáculos sempre e cando estes se celebren na mesma xornada (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo).

• As actividades de rúa non requiren entrada previa.

• Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre.

• Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas.

• As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a cambios de última hora alleos á organización.

Infórmate e consulta a programación en facebook: www.facebook.com/festivaldasnubebes e en twitter: @nubebes

FONDO
DE ARMARIO

  • Historias de Pontevedra
  • Orquestra filarmonica cidade de Pontevedra
  • Rúas de Pontevedra
  • Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
  • Terras de Pontevedra
  • Local de música
  • Olladas de Pontevedra
  • Plano de Pontevedra
  • Xeve de Memoria
  • Sala Karma
  • Parque rupestre de Campo Lameiro
  • Culturgal
  • Visit Pontevedra
  • Catálogo Castelao no museo de Pontevedra
  • Pontevedra para o mundo
  • Illa do Cobo
  • As industrias culturais de Pontevedra