Exposición pictórica de Ricardo Campos

62

Instalación pictórica do autor portugués Ricardo Campos, que toma como escenario o mundo rural do Miño, traspoñendo ao espazo do lenzo a súa identidade marcada pola realidade rústica e relixiosa, unha memoria visual que nos recorda, a través das mulleres do pobo, os animais da montañe, mitos e ritos, fetiches e supersticións, unha mensaxe do social, onde o drama da existencia humana e a condición espiritual pende sobre os rostros, que son símbolos iconográficos comúns na súa linguaxe pictórica.

 

Pódese visitar ata o 13 de novembro na Galería About Art da rúa Pasantería, 9 baixo. Horario: de martes a venres, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.